O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?... O sociolingüista Fernando Ramallo aborda con sinxeleza e claridade todos os temas fundamentais para comprender o papel e a situación da lingua galega neste século XXI, sen esquecer cuestións tan fundamentais como a relación entre a lingua e a familia, a intelixencia artificial, a economía, a política, a lusofonía e os desafíos do futuro. "Que pasa co galego?" propón unha reflexión crítica sobre a situación do idioma galego coa finalidade de xerar un debate de transformación social arredor da lingua.

Que pasa co galego?

https://soluziono.com/web/image/product.template/14886/image_1920?unique=0d90d05

17,50 €

16,83 € (sin IVA)

16.830000000000002 EUR 16,83 €

16,83 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Ramallo, Fernando
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788411103770
  • Peso: 0.209

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables