Neste libro encontraredes catro contos que falan de amor, de paz, de solidariedade, nos que os personaxes son rapazas e rapaces con problemas, dunha idade similar e moi soñadores. Xoana, unha nena que está nunha cadeira de rodas, descobre o valor da amizade con Xacobe, un rapaz marroquí; Antón, un neno solitario, apréndelle a facer paxariñas de papel a Sariña; e Alicia, unha nena coxiña, atopa nun monicreque cheo de vida e no seu dono a alegría de vivir. Déixate levar pola fantasía e descubre o que se agocha aló, ao outro lado da esquina.