A Historia de Manancial desenvólvese no ano 68, nun espacio propio e pechado, que podemos identificar como da América profunda, que serve a Manteiga para que os seus personaxes, todos eles moi primitivos e primarios, poidan desenvolverse con soltura e credibilidade. Manancial é a historia dunha serie de asasinatos, de varias violacións, de consaguinidades e violencia. Unha historia dunha fuxida cara a ningures, cara á aplicación da lei e da xustiza dos poderosos que non saben das razóns da violencia, da morte, da vida perdida, sen sentido. Unha historia da estupidez humana, de seres sen horizonte e sen luz, que por mero instinto de supervivencia, reinciden no seu propio erro. A trarna da novela artéllase ó redor da familia Obrador, formada pola nai, Ma, soa e tetrapléxica por mor dun seu home borracho, e os seus catro desgraciados fillos. Unha familia que para supervivir necesita crear un mundo absolutamente pechado ó redor da nai, a matriarca e obsesiva cohesionante dos catro irmáns. Lino, o maior, que fala máis do necesario pero que nunca ten nada que dicir; Tomás, o protagonista da obra, que encarna o silencio e a violencia; Flor, a fermosa flor murcha e nunca amada; e Ho, o pequeno, oitomesino, subnormal e o única de todos eles que será capaz de conservar a vida.

Manancial

https://soluziono.com/web/image/product.template/79880/image_1920?unique=a6ccbb6

15,50 €

14,90 € (sin IVA)

14.9 EUR 14,90 €

14,90 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Manteiga, Xavier
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 0
  • ISBN: 9788483021958
  • Peso: 0.392

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables