Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros. Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente. A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados. Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.

Mesteres

https://soluziono.com/web/image/product.template/161985/image_1920?unique=a6ccbb6

18,95 €

18,22 € (sin IVA)

18.22 EUR 18,22 €

18,22 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: López-Casanova, Arcadio
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 136
  • ISBN: 9788483024126
  • Peso: 0.149

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables