Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos pahíños. Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción ("A man dos paíños"), un relato fotográfico ("O álbum furtivo"), e un relato xornalístico ("Os náufragos"). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.

A man dos paíños

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/163385/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rivas, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788483025918
  • Peso: 0.26

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables