Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, "Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)", constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades. "Todos somos Ulises" analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral. Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos.

Todos somos Ulises

https://soluziono.com/web/image/product.template/79095/image_1920?unique=a6ccbb6

23,95 €

23,03 € (sin IVA)

23.03 EUR 23,03 €

23,03 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Seoane, Xavier
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 472
  • ISBN: 9788491210443
  • Peso: 0.625
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables