O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, arquitectos que deseñaron a cidade e renovaron o seu urbanismo no último século. En palabras de Paco Martín, "Santiago Catalán, nesta obra, que non dubido en cualificar de substancial para o coñecemento da nosa cidade, descorre coa mao sensible do artista a cortina que gardaba da nosa vista moito diso que cada día miramos pero que non sempre vemos". "Arquitecturas debuxadas vén achaiar o camiño do viaxeiro interesado despechándolle portas á curiosidade intelixente, a encher de arte e coñecemento ese espazo que o costume e a rutina foron baleirando na sabenza dos lugueses". Un libro que Santiago Jaureguizar cualifica como "celebración das porcións de Lugo, 'que adscribe' á Cidade Eterna", engadindo que "o vademécum de Catalán é o inventario que o noso sandador nos lega para indicarnos a arquitectura luguesa que debemos preservar".

Arquitecturas debuxadas. Lugo

https://soluziono.com/web/image/product.template/38184/image_1920?unique=a6ccbb6

32,95 €

31,68 € (sin IVA)

31.68 EUR 31,68 €

31,68 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Catalán, Santiago
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 144
  • ISBN: 9788491211204
  • Peso: 0.889
  • Encuadernación: Cartoné

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables