Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» "O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo

O cuarto das abellas

https://soluziono.com/web/image/product.template/121518/image_1920?unique=a6ccbb6

13,50 €

12,98 € (sin IVA)

12.98 EUR 12,98 €

12,98 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Otero, Antía
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 80
  • ISBN: 9788491211280
  • Peso: 0.13
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables