Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

Os fillos do lume

https://soluziono.com/web/image/product.template/119269/image_1920?unique=891cd20

23,95 €

23,03 € (sin IVA)

23.03 EUR 23,03 €

23,03 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Feijoo, Pedro
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 504
  • ISBN: 9788491212317
  • Fecha de publicación: 15/06/2017
  • Peso: 0.742
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables