"Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.

Soños. Arquivos. Cartas

https://soluziono.com/web/image/product.template/38114/image_1920?unique=a6ccbb6

13,50 €

12,98 € (sin IVA)

12.98 EUR 12,98 €

12,98 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Cebreiro, María do
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 80
  • ISBN: 9788491213321
  • Peso: 0.12

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables