Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes. O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.

O meu nome é Ninguén

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/11470/image_1920?unique=8568ab5

17,95 €

17,26 € (sin IVA)

17.26 EUR 17,26 €

17,26 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Esteban, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 296
  • ISBN: 9788491214274
  • Peso: 0.448

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables