Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida. Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS. Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.

Heredeiros da Crus

https://soluziono.com/web/image/product.template/99117/image_1920?unique=a6ccbb6

23,50 €

22,60 € (sin IVA)

22.6 EUR 22,60 €

22,60 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Díaz Ageitos, Antonio
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 200
  • ISBN: 9788491214304
  • Peso: 0.662

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables