Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade. O xiro é o primeiro poemario dunha au­tora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra. ANTÍA OTERO

O xiro

https://soluziono.com/web/image/product.template/38115/image_1920?unique=a6ccbb6

13,50 €

12,98 € (sin IVA)

12.98 EUR 12,98 €

12,98 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Gómez, Noelia
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 72
  • ISBN: 9788491214571
  • Peso: 0.12

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables