Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, o mellor espello da realidade. Como escritor total, e mentres as circunstancias o obrigaban a exercer de soldado, xornalista ou profesor, viviu a Galicia onde o galeguismo loitaba por erguer a bandeira da identidade e a España onde o entusiasmado intento dunha sociedade moderna tomou forma efémera de República. A Guerra Civil (que el fixo comprometido coa causa da legalidade) e o exilio posterior (que o levou a Bos Aires, Cambridge e Monterrey) dificultaron a súa traxectoria e frearon a súa proxección pública. Mais el, unido desde 1934 e para sempre a Carmen Muñoz, non deixou que nada estorbase a súa entrega ás letras. Nun mundo en debate ideolóxico permanente, e moitas veces encarnizado, de Rafael Dieste quedou o exercicio irrenunciable do libre pensamento. Tamén unha vida sen tacha á que Luís Rei Núñez nos propón volver os ollos nunha moi amena biografía escrita desde o caudal dos datos e unha xustificada admiración.

Rafael Dieste

https://soluziono.com/web/image/product.template/38061/image_1920?unique=a6ccbb6

23,50 €

22,60 € (sin IVA)

22.6 EUR 22,60 €

22,60 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rei Núñez, Luís
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 392
  • ISBN: 9788491214847
  • Peso: 0.598

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables