Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. "Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas. "Shanghai a Barcelona" é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.

Shanghai a Barcelona

https://soluziono.com/web/image/product.template/136525/image_1920?unique=a6ccbb6

17,95 €

17,26 € (sin IVA)

17.26 EUR 17,26 €

17,26 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Castro Moure, Amador
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 200
  • ISBN: 9788491215929
  • Peso: 0.285

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables