A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo tamén matou un home, unha vez. Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros, pero unidas pola necesidade de redención. O barco American Star, a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental ou os túneles agochados baixo a cidade de Vigo son os escenarios dun naufraxio, real e metafórico, que supón, en certo xeito, o final de Carlos Manso.

A vinganza dos homes bos

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/172385/image_1920?unique=a0009ae

18,95 €

18,22 € (sin IVA)

18.22 EUR 18,22 €

18,22 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Esteban, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 264
  • ISBN: 9788491216636
  • Peso: 0.355

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables