Tras "Galicia. Galicia", Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: "Galicia contada a un extraterrestre", amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; "A espía (Iª volta)" e "A espía (IIª volta)", informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e "O blog de rumbar", anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o "estado de excepción mental", o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.

Unha espía no reino de Galicia

https://soluziono.com/web/image/product.template/120276/image_1920?unique=a6ccbb6

21,95 €

21,11 € (sin IVA)

21.11 EUR 21,11 €

21,11 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Rivas, Manuel
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 232
  • ISBN: 9788497821933
  • Peso: 0.356

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables