"Cogomelos de Galicia e norte de Portugal" é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.

Cogomelos de Galicia e norte de Portugal

https://soluziono.com/web/image/product.template/98664/image_1920?unique=a6ccbb6

31,95 €

30,72 € (sin IVA)

30.72 EUR 30,72 €

30,72 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Castro, Marisa
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 360
  • ISBN: 9788497822435
  • Peso: 0.549

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables