Os membros da "Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico" (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de achegas arredor do multiculturalismo e a representación da indentidade na Literatura Infantil e Xuvenil, destinadas fundamentalmente aos mediadores entre o libro e os seus receptores e que pretenden converterse nun material de consulta útil á hora de desenvovler o seu labor. Tras dunha reflexión teórica arredor do tema proposto, o libro inclúe unha selección de obras pertencentes ao marco ibérico e a outros ámbitos lingüisticos que achegan elementos para unha interpretación da multiculturalidade, da convivencia do diverso, dende perspectivas como o contacto entre culturas, a recreación de situacións de convivencia ou de conflito, o tratamento das diferenzas e as transformacións que se operan na vida cotiá ou a presentación das particularidades que axudan ao coñecemento de culturas alleas. Catorce destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores unha serie de claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.