Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade. Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra "moi coidada" e "moi ben construída", así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co "poder salvador dos soños"

Sempre quixen bailar un tango

https://soluziono.com/web/image/product.template/37848/image_1920?unique=a6ccbb6

14,50 €

13,94 € (sin IVA)

13.94 EUR 13,94 €

13,94 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: González Costa, Teresa
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 88
  • ISBN: 9788497825061
  • Peso: 0.129

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables