No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos "a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral". Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.

Rata linda de Compostela

https://soluziono.com/web/image/product.template/34896/image_1920?unique=a6ccbb6

9,95 €

9,57 € (sin IVA)

9.57 EUR 9,57 €

9,57 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Graña, Bernardino
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 56
  • ISBN: 9788497829564
  • Peso: 0.098

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables