Sarita Palodi é unha científica de recoñecido prestixio mundial. A ciencia é a súa vida e dedícase a ela sen descanso. A profesora Sarita Palodi é a cabeza dos laboratorios Prodi, unha empresa que tivo como últimos descubrimentos a tinta ortográfica, que fai que quen a utilice automaticamente non cometa faltas de ortografía, ou o paragugas autoclimático, un magnífico regulador do tempo, ou da peixeira con simulador de océanos... Un día, nos laboratorios prodúcese unha tremenda explosión e dende aquela non se soubo máis nada da profesora Palodi. Mais, quen é a profesora Ripaldi? A profesora Ripaldi, escrito e ilustrado por María Alcañiz, é unha brillantísima novela do xénero fantástico que supón o debut da súa autora. Foi a obra finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008.

A profesora Ripaldi

https://soluziono.com/web/image/product.template/38136/image_1920?unique=a6ccbb6

11,50 €

11,06 € (sin IVA)

11.06 EUR 11,06 €

11,06 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Alcañiz Lorenzo, María
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 80
  • ISBN: 9788499140087
  • Peso: 0.14

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables