Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que "facerse feminista" implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo no poder. O cuestionamento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estrutura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: "o privado é político". Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna e externa que conseguiu deixar sinal. Nesta obra coral, Mónica Bar "dálles a voz" ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan discorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.

Feministas galegas

https://soluziono.com/web/image/product.template/12211/image_1920?unique=e586ba0

25,95 €

24,95 € (sin IVA)

24.95 EUR 24,95 €

24,95 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Bar Cendón, Mónica
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 392
  • ISBN: 9788499140797
  • Peso: 0.675

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables