Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do derradeiro tranvía abren paso á ollada riba da memoria, sentimental e histórica. Personaxes neboentos xunto a outros tan certos como Marcelino, saíndo do Hispano-Argentino o verán do gol a Rusia, ou Brigitte Bardot a erguer saudades que se debruzan no río onde unha cucaña dispón un xamón no seu remate. Mentres hai quen se desfai, literalmente, entre das ponlas das árbores e o neno Fandiño en canto de facer caligrafía prefire escoitar unha historia de amor que alá foi no comboio descendente. Un libro que se move entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre Norma Jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi aínda. Un libro que nos fala da froita madura recollida por un autor, agora que é ano hernandino, tan "perico en lúas" como o seu conto homónimo.

Xuvia-Neda

https://soluziono.com/web/image/product.template/38141/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Araguas, Vicente
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 128
  • ISBN: 9788499141015
  • Peso: 0.209

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables