O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.franalonso.gal. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas...

O meu gato é un poeta

https://soluziono.com/web/image/product.template/122808/image_1920?unique=443f6fc

14,50 €

13,94 € (sin IVA)

13.94 EUR 13,94 €

13,94 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Alonso, Fran
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 72
  • ISBN: 9788499142111
  • Fecha de publicación: 23/02/2011
  • Peso: 0.124

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables