Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica "non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo".

Lois Pereiro. Breve encontro

https://soluziono.com/web/image/product.template/79958/image_1920?unique=a6ccbb6

17,50 €

16,83 € (sin IVA)

16.830000000000002 EUR 16,83 €

16,83 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Fernández Serrano, Jacobo
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 160
  • ISBN: 9788499142517
  • Peso: 0.424

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables