ESTE VOLUME RECOLLE UN CONXUNTO DE ESTUDOS DESTINADOS FUNDAMENTALMENTE AOS MEDIADORES, QUE PRETENDEN AFONDAR NO ÁLBUM ILUSTRADO. Os membros da "Red Temática de Investigación " Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010). Tras dous artigos teóricos que afondan nas peculiaridades desta modalidade literaria que presenta unha especial interrelación entre texto e ilustración e estableceu un novo modo de comunicar, ler e interpretar, ofrécese unha selección de doce álbums inesquecíbeis, publicados antes da época de consolidación do álbum en todas as literaturas dos ámbitos da rede, así como unha selección de obras publicadas no período estudado, pertencentes ao marco ibérico, iberoamericano e doutros ámbitos lingüísticos, co obxectivo de dar a coñecer obras que destacan pola súa calidade. O volume complétase con trinta comentarios pormenorizados, co fin de facilitarlles aos profesionais da mediación algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria, e mais cunha bibliografía descrita que reúne achegas de interese ao álbum.

O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)

https://soluziono.com/web/image/product.template/17185/image_1920?unique=497358a

22,50 €

21,63 € (sin IVA)

21.63 EUR 21,63 €

21,63 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Red Temática de Investigación "LIJMI"
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 440
  • ISBN: 9788499142951
  • Peso: 0.739

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables