Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo -sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación...-, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores -comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería- que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.

Medo político e control social na retagarda franquista

https://soluziono.com/web/image/product.template/37321/image_1920?unique=a6ccbb6

24,95 €

23,99 € (sin IVA)

23.990000000000002 EUR 23,99 €

23,99 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Martínez Pereda, Lucio
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 496
  • ISBN: 9788499148083
  • Peso: 0.726
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables