Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura popular, outórganlle os azos suficientes para acometer un proxecto no que debe concentrar toda a súa potencia creativa, mais axiña comezan a xurdir as dificultades. Construída a través de múltiples elipses e saltos no tempo, A noite enriba preséntase como unha novela ateigada de homenaxes literarias que reflexiona sobre a propia actividade do escritor. Transita tamén, da man de policías corruptos ou traficantes de droga, por un orixinal itinerario narrativo que levará das rúas de Ourense á Filadelfia natal de David Goodis, cidade na que o atormentado protagonista desta historia tentará rematar a súa obra definitiva. Afondando no seu estilo depurado de tramas cruzadas e economía narrativa, Ameixeiras homenaxea en A noite enriba os autores clásicos do xénero das décadas de 1930 e 1940. Unha excepcional novela negra na que se reflexiona sobre os límites do xénero e da súa modernización radical.

A noite enriba

https://soluziono.com/web/image/product.template/38180/image_1920?unique=a6ccbb6

19,50 €

18,75 € (sin IVA)

18.75 EUR 18,75 €

18,75 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Ameixeiras, Diego
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 152
  • ISBN: 9788499149363
  • Peso: 0.241
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables