O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencóntranse tras moitos anos logo de que, a raíz dun incendio, as súas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non están soas, a aldea eterna enfróntase unha vez máis á morte coa súa propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparición dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser. O velorio é un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compártese o que separa sen deixar fluír o máis profundo antes de que chegue a luz do día e devolva a cada unha ao mundo cotián en que habita. Cara ao leste propón unha reflexión incómoda sobre o punto de partida e o dilema que leva á procura de novos territorios.

Cara ao leste

https://soluziono.com/web/image/product.template/79809/image_1920?unique=a6ccbb6

18,50 €

17,79 € (sin IVA)

17.79 EUR 17,79 €

17,79 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Nara, Antía
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 152
  • ISBN: 9788499149721
  • Peso: 0.244
  • Encuadernación: Rústica

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables