Cando Pinocho contaba unha mentira, medráballe o nariz. Aprendeu entón que o máis importante era dicir a verdade, e grazas a iso a fada decidiu transformalo nun meniño de carne e óso. Pero, mesmo sendo sincero, o nariz volvíalle estirar coma cando contaba mentiras! Axudado polo seu amigo o grilo Pepiño, Pinocho entende que é tan importante contar a verdade como a maneira de facelo.