Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d' Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza...) vanse abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.

Os nomes do traidor

https://www.soluziono.com/web/image/product.template/37662/image_1920?unique=ab1e88f

19,95 €

19,18 € (sin IVA)

19.18 EUR 19,18 €

19,18 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

  • Autor: Sierra Veloso, Xurxo
  • Editorial: Edicións Xerais
  • Número de páginas: 208
  • ISBN: 9788497828499
  • Peso: 0.318

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables